O AZKAR LUGO FS ABRE A SUA CAMPAÑA DE ABONADOS BAIXO O SLOGAN: “DE LUGO, POR SUPOSTO”


Azkar Lugo FS presentou e deu inicio á súa campaña de abonados que este ano recibe o slogan: “De Lugo, por suposto”. O club busca ano a ano dar a coñecer a súa cidade alá onde vai e que mellor forma de facelo que este ano a través da gastronomía e da man da Asociación Provincial Empresarios Hostelería de Lugo, sendo así fiel reflexo un dos pratos máis representativos e típicos da capital e provincia: o polbo. Unindo iso e o proxecto de canteira do club o slogan parece o máis acertado para lanzar a campaña de captación de abonados. Ademais o club segue contando coa colaboración dunha empresa fiel, Macrocopia, que segue patrocinando a mesma.

 

 

Nas propias instalacións de Macrocopia foi presentada este mediodía a campaña de abonados. O Xerente da empresa, Jorge Rois, presentou a mesma xunto ao Presidente da Asociación Provincial Empresarios Hostelería de Lugo, Cheché Real, así como co seu Vicepresidente, José Manuel Cela, o Xerente de Transportes Azkar en Lugo, Oriol Gonzalvo, o Presidente do Azkar Lugo FS, Manuel Vázquez, e o responsable de planificación do club, Iván Pico.

 

 

Lee el articulo completo en la Web del Prone Lugo